![]()
¿Algunha vez viches os arquivos Thumbs.db? Son uns arquivos que apenas ocupan tamaño e que actúan como caché para as miniaturas de imaxes no explorador de Windows. Prácticos, pero nalgúns casos incómodos.
En cada cartafol que conteña algún arquivo visualizable (normalmente unha imaxe ou un vídeo) haberá un thumbs.db. Normalmente estarán ocultos e non os notarás, pero molestarante en operacións cotiás con cartafois, como gravalas a un CD, copialas, movelas ou comprimilas.
Existe un pequeno truco, unha opción de configuración para que o teu sistema operativo non cre estes arquivos:
1. Vai ao Panel de Control (menú Inicio > Panel de Control)
2. Elixe Opcións de Cartafol. Se estás en vista clásica aparece directamente, senón vai a Aparencia e temas e aí atoparás esta opción.
3. Na pestana Ver, activa a casilla correspondente a Non aloxar en caché as vistas en miniatura e pulsa Aceptar.



Escribe un comentario