O sistema de recoñecemento de voz que incorporará Windows Vista queda en ridículo durante unha demostración
As presentacións públicas parecen converterse no pesadelo de Microsoft, pois deixan en moitas ocasións en mal lugar ós produtos en probas antes do seu lanzamento (lembremos cando a Bill Gates lle apareceu un pantallazo azul nunha demostración) e agora esta maldición recaeu sobre o sistema de recoñecemento de voz que incorporará Windows Vista, xa que cando Shanen Boettcher (membro do equipo de desenvolvemento de Vista) ditou ó sistema unha expresión tan sinxela como “dear mom” (querida mamá) o ordenador entendeu “dear aunt” (querida tía) ó que seguiron unha chea de erros consecutivos que incluso levaron a que colgasen de YouTube o bochornoso vídeo co adianto fallido dunha das funcionalidades do sistema operativo de Microsoft.
De tódolos xeitos hai que recoñecer que o recoñecemento de voz é un proceso moi complexo, polo que é difícil facer unha demostración pública exitosa, polo que dende Microsoft se arriscaron moito ó amosar unha utilidade de Vista que depende de moitos factores (coma o adestramento do sistema para entender unha voz determinada ou as condicións acústica do local no que se realice a operación).
(Fonte Código Cero)


