
Tor é un conxunto de ferramentas que tratan de facer medrar a seguridade e privacidade namentres navegas por Internet defendéndote así das ferramentas de análise de tráfico.
Podes navegar, publicar, usar o IRC, SSH e calquera aplicación que empregue o protocolo TCP sempre de xeito anónimo.
Disto xa nos comentara algo Cabelo neste artigo mais agora tes a posibilidade de integrar Tor co Firefox...
... grazas á extensión Foxyproxy.
É doado dispoñer de Tor en distribucións Debian, Ubuntu... e a devandita extensión fai a configuración caseque dun xeito automático. Proba a facelo activándoo e desactivándoo ollando para a túa IP.
Tes un artigo de Felipe Santiago publicado en VOL para máis detalles.
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo

Aínda que xa fora presentado ao público xeral en outubro do ano pasado, este navegador social está a ser analizado agora por Extreme Tech.
Baseado no Mozilla Firefox con licenzas MPL e GPL v2, Flock integra moi ben a sindicación RSS, ferramentas para bitácoras, marcapáxinas social de del.icio.us, servizos de Flickr para compartir fotos (drag-and-drop) e até unha extesión para baixar videos de YouTube, Google, Metacafe, iFilm, Dailymotion...
... e calquera obxecto incrustado nunha páxina web (películas, mp3s, flash, quicktime, etc). A devandita extensión é nomeada VideoDownloader.
Olla as súas principais funcionalidades e descárgao aquí (só para GNU/Linux, de momento).
Flock.com.
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo