-----------------------------------------------------------------------------
SpeedTest:

No panel en flash que vedes arriba podedes comprabar a nosa IP, as velocidades de subida e baixada e a distancia ao servidor que realiza o test.
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo
G2P procura arquivos MP3 empregando o motor do Google.
Só tes que introucir nunha sinxela interfaz o nome (artista, grupo...) que procuras e ...
... agardar o resultado ;-)
A páxina de G2P e maila fonte.
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo

Calquera que quera publicar contidos hoxe ten a súa disposición unha morea de CMS (Content Management System, sistema xestor de contidos) libres. Cal elixir?
Podes construir o teu propio CMS ou seguir unhas pautas para tratar de atopar o que máis se axuste aos teus requerimentos. Isto último semella o máis habitual.
Pensa nas respostas ás seguintes cuestións:
* Cal é a súa licenza?
* Cal é a súa linguaxe/contorno?
* ...
* Canto tempo leva publicado?
* Está a ser desenvolvido actualmente?
* Quen o emprega?
* Ten soporte?
Tes infinidade de CMSs con licenza GPL e a meirande parte deles execútanse en LAMP (Linux, Apache, MySQL, PHP). Isto xa era case unha premisa así que a cuestión segue en pe: cal é o axeitado para o que quero? Un artigo de NewsForge clasifica segundo diferentes propósitos os máis importantes deles.
E, se aínda tes dificultades para elixir entre algúns finalistas, CMS Matrix permíteche comparar ata 10 CMSs á vez.
Agora mesmo AGNIX.org está neste proceso de selección ...
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo

Tor é un conxunto de ferramentas que tratan de facer medrar a seguridade e privacidade namentres navegas por Internet defendéndote así das ferramentas de análise de tráfico.
Podes navegar, publicar, usar o IRC, SSH e calquera aplicación que empregue o protocolo TCP sempre de xeito anónimo.
Disto xa nos comentara algo Cabelo neste artigo mais agora tes a posibilidade de integrar Tor co Firefox...
... grazas á extensión Foxyproxy.
É doado dispoñer de Tor en distribucións Debian, Ubuntu... e a devandita extensión fai a configuración caseque dun xeito automático. Proba a facelo activándoo e desactivándoo ollando para a túa IP.
Tes un artigo de Felipe Santiago publicado en VOL para máis detalles.
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo

Aínda que xa fora presentado ao público xeral en outubro do ano pasado, este navegador social está a ser analizado agora por Extreme Tech.
Baseado no Mozilla Firefox con licenzas MPL e GPL v2, Flock integra moi ben a sindicación RSS, ferramentas para bitácoras, marcapáxinas social de del.icio.us, servizos de Flickr para compartir fotos (drag-and-drop) e até unha extesión para baixar videos de YouTube, Google, Metacafe, iFilm, Dailymotion...
... e calquera obxecto incrustado nunha páxina web (películas, mp3s, flash, quicktime, etc). A devandita extensión é nomeada VideoDownloader.
Olla as súas principais funcionalidades e descárgao aquí (só para GNU/Linux, de momento).
Flock.com.
(escrito por asennadas en Asociación de Usuarios GNIX)
servido por xoseramon
sin comentarios
compártelo