La Coctelera

Beta-cora de Xose Ramon

Bitácora persoal de Xosé Ramón en fase beta.
"Existen 10 tipos de persoas: as que saben binario e as que non" ¿En que grupo estás ti?

Categoría: Legal, Dereitos de autor, Licenzas ...

7 Julio 2006

O canon dos CD e DVD's é superior ao seu coste de fabricación

Segundo un estudo feito pola consultora Deloitte, a petición de Asimelec (Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións), o canon imposto por copia privada nestes soportes conleva a que a industria estatal de CD e DVD virxes deba facer fronte a importantes problemas para garantir a súa viavilidade nun futuro próximo.

No informe, Deloitte reflicte que, o canon favoreceu a expansión dunha competencia fraudulenta, baseada na venda de productos sen canon e o aumento das necesidades de financiación de aqueles axentes do sector que cumpren coa lei, no que os seus productos ...

...se encareceron a consecuencia da aplicación deste gravamen.

Resto do artigo.

(escrito por hurd en Asociación de Usuarios GNIX)

servido por xoseramon sin comentarios compártelo

27 Junio 2006

Nace a Fundación Copyleft

As licenzas copyleft son aquelas que permitindo un maior control dos creadores sobre as súas obras, investigacións e proxectos e unha remuneración compensatoria máis razoable polo seu traballo, tamén permiten aos usuarios finais un mellor acceso e disfrute dos bens baixo este tipo de licenzas non restrictivas.

Fundación Copyleft

Para iso a Fundación Copyleft levará a cabo proxectos específicos encamiñados ó desenvolvemento e coñecemento de actividades baixo estes permisos copyleft no sector das artes, a cultura ...

...e a ciencia, coordinando e dinamizando sinerxias que proveñen das persoas físicas, empresas privadas ou administracións públicas.

A Fundación Copyleft, que iniciará a súa singradura o vindeiro mes de outubro de 2006, invita formalmente á participación de todos os axentes da cadea de valor das artes, a cultura e as ciencias así como persoas físicas e xurídicas interesadas no copyleft.

Máis Información.

(escrito por hurd en Asociación de Usuarios GNIX)

servido por xoseramon sin comentarios compártelo

23 Junio 2006

Promoven a creación do Partido Pirata a nivel estatal

Coñecidos internautas favorables o recoñecemento legal das redes P2P xunto co Colectivo de Usuarios de P2P queren promover a creación dun Partido Pirata a nivel estatal, en defensa dos seus lexítimos dereitos e a Liberdade da Rede.

Esta iniciativa xa foi levada a cabo noutros países como Suecia co Piratpartiet ou mesmo nos EEUU co The Pirate Party of The United States (PPUS), tendo como puntos principais do manifesto que...

Toda copia sen ánimo de lucro debería ser libre.

O intercambio P2P debería potenciarse en lugar de criminalizarse, convirtindo Internet na biblioteca pública máis grande nunca creada.

Os dereitos de copyright deberían limitarse a 5 anos, permitindo o libre uso non comercial dende o primeiro día.

Deberían prohibirse as tecnoloxías DRM e as cláusulas contractuales que limiten os dereitos dos usuarios".

Información sobre a constitución da plataforma.

Fonte

(escrito por hurd en Asociación de Usuarios GNIX)

servido por xoseramon sin comentarios compártelo

23 Junio 2006

Aprobada a nova Lei de Propiedade Intelectual

A reforma do texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, que extende o canon por copia privada aos soportes dixitais, vén de ser aprobada no Congreso.

O novo téxto que satisfai os desexos das entidades de xestión colectiva, como a SXA€, provocou gran descontento e o rexeitamento da Plataforma Todoscontraelcanon, industria, sindicatos e ...

... usuarios.

As principais novedades do proxecto de lei quedan asi:

* Copia privada: O proxecto aprobado aclara que a "copia privada" dunha obra debe ser realizada por unha persoa física para uso privado e a partir do orixinal
* Canon para soportes dixitais: Establécese un 'canon' como remuneración compensatoria pola copia en soportes dixitais, xa que "a copia privada propágase máis e ten máis impacto económico no contorno dixital que no analóxico".
* Compensacións para os creadores: Segundo o dereito de posta a disposición interactiva, os creadores e productores terán tamén unha compensación directa pola posta a disposición das súas obras en Internet.
* Límites en bibliotecas: Ainda que finalmente non se limitará o número de copias para uso privado, o texto marca uns límites e excepcións á copia privada no marco das bibliotecas, museos o na ensinanza

Sen dúbida este recorte de liberdades supón barapau para aqueles que creian no acceso libre á cultura. Agora haberá que pasar por caixa! Que magoa!

Fonte

(escrito por hurd en Asociación de Usuarios GNIX)

servido por xoseramon sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de xoseramon

Beta-cora de Xose Ramon

ver perfil »
contacto »
Image Hosted by ImageShack.us
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

HORA

O TEMPO

El tiempo en Santiago de Compostela - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Technorati

Fotos

xoseramon todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera