La Coctelera

Beta-cora de Xose Ramon

Bitácora persoal de Xosé Ramón en fase beta.
"Existen 10 tipos de persoas: as que saben binario e as que non" ¿En que grupo estás ti?

Categoría: Cagadas

5 Agosto 2006

O sistema de recoñecemento de voz que incorporará Windows Vista queda en ridículo durante unha demostración

As presentacións públicas parecen converterse no pesadelo de Microsoft, pois deixan en moitas ocasións en mal lugar ós produtos en probas antes do seu lanzamento (lembremos cando a Bill Gates lle apareceu un pantallazo azul nunha demostración) e agora esta maldición recaeu sobre o sistema de recoñecemento de voz que incorporará Windows Vista, xa que cando Shanen Boettcher (membro do equipo de desenvolvemento de Vista) ditou ó sistema unha expresión tan sinxela como “dear mom” (querida mamá) o ordenador entendeu “dear aunt” (querida tía) ó que seguiron unha chea de erros consecutivos que incluso levaron a que colgasen de YouTube o bochornoso vídeo co adianto fallido dunha das funcionalidades do sistema operativo de Microsoft.

De tódolos xeitos hai que recoñecer que o recoñecemento de voz é un proceso moi complexo, polo que é difícil facer unha demostración pública exitosa, polo que dende Microsoft se arriscaron moito ó amosar unha utilidade de Vista que depende de moitos factores (coma o adestramento do sistema para entender unha voz determinada ou as condicións acústica do local no que se realice a operación).

(Fonte Código Cero)

servido por xoseramon 1 comentario compártelo


Sobre mí

Avatar de xoseramon

Beta-cora de Xose Ramon

ver perfil »
contacto »
Image Hosted by ImageShack.us
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

HORA

O TEMPO

El tiempo en Santiago de Compostela - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Technorati

Fotos

xoseramon todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera